As empresas de ocio barbancesas apostan por sacarlle partido turistico a Sálvora.
Pretenden conseguir as autorizacións oportunas para organizar viaxes en barco e visitas guiadas
- Autor:
- M. X. Blanco
- Fecha de publicación:
- 30/3/2008
Que a ría que baña as costas de Barbanza ten un valor incalculable a nivel turístico é algo que a día de hoxe se lle escapa a poucos e que, neste eido, a franxa de auga está aínda sen explotar tamén é unha afirmación retórica. Hai tempo xa que a mancomunidade e un grupo de empresarios vinculados ao sector do ocio decidiron poñer en marcha iniciativas para cambiar esta última realidade. A nova idea á que xa empezaron a darlle voltas pasa por sacarlle rendemento á Sálvora, aproveitando que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Aínda que a iniciativa está por madurar, do que se trata é de que os negocios que contan con embarcacións oferten excursións a este recuncho da ría de Arousa. Conseguir este obxectivo non é doado, posto que a día de hoxe é preciso realizar unha serie de trámites para lograr as autorizacións pertinentes. É máis, o número máximo de visitantes por día está limitado a 125 persoas.
De momento, a cifra de excursionistas que recibe este illote é moi pequena. A maior parte das empresas que solicitan os permisos para realizar visitas de carácter turístico a Sálvora son do Grove.
Tanto a mancomunidade como os empresarios do sector do ocio de Barbanza confían en que esta situación cambie a curto prazo. Para conseguilo, avogan por crear liñas estratéxicas, dándolle prioridade ao traballo dos negocios da comarca.
A idea é que se aproveiten do potencial que ofrece esta illa tanto as empresas que se dedican a realizar percorridos turísticos pola ría como os negocios vinculados á organización de actividades culturais. Neste sentido, cabe destacar que o Parque Nacional das Illas Atlánticas organiza, una vez ao ano, un curso para formar a guías que se dediquen a explicar as excelencias da zona.
Apoio total do sector
O persoal de Arousa Norte tratou este tema fai uns días con representantes do sector do ocio adheridos ao colectivo Aetan e todos amosaron o seu apoio a posta en marcha de iniciativas que permitan sacarlle partido a Sálvora. A xerencia da mancomunidade insistiu na necesidade de elaborar unha proposta conxunta dos empresarios expoñendo os obxectivos que se perseguen e as liñas de traballo que se empregarán, co fin de asegurar que os negocios de Barbanza teñan preferencia á hora de explotar esta illa.
A intención é que nesta proposta se aposte firmemente pola calidade nos servizos turísticos, pola posta en valor dos importantes recursos que ten Sálvora, pola sensibilización e a preservación do medio e pola difusión da cultura.
Fuente la Voz de Galicia.
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2008/03/30/0003_6690557.htm
Pesca deportiva en Ons e Sálvora
TRIBUNA PÚBLICA
| O |
UN PARQUE nacional é a máxima expresión de protección medioambiental, estamos de acordo, pero para protexer non é necesariamente prohibir e moito menos cando, os que prohiben, non teñen o máis mínimo dato sobre o que prexudica ou beneficia o prohibido.
Paso dende hai 30 anos a época estival en Ons, illa á que acoden nese tempo máis de mil persoas diarias dominguerosou non, e a miro moi limpa. No caso de prohibir algo serían as gaivotas que acoden en masa as papeleiras e contedores de lixo e no seu afán devorador, desparraman polo chan todo tipo de desperdicios que despois o vento encárgase de esparexer.
Noutra orde, Ons ao igual que as demais illas do parque, foron e aínda son un viveiro pesqueiro e marisqueiro que só acabará con el outro Prestigeou a superexplotación da pesca profesional.
Pesca profesional
Os encargados de prohibir din que a pesca profesional, é dicir, miles de nasas, trasmallos, betas, miños… centos de barcos a gasoil, aceites… miles de kilos de chumbo nas redes, nasas, boias… e un longo etcétera, é unha pesca compatíbel coa conservación dos fondos mariños do parque e polo tanto cunha xestión sostíbel deste. Pola contra aseguran que uns pescadores deportivos cunha cana ou un arpón poden danar o fondo mariño e desequilibar a fauna e flora, ¡incrible!
Os deportivos, ante semellante incongruencia, pedimos ás diferentes administracións datos que certifiquen semellante barbaridade. Podo asegurar que nin o ministerio, nin as Consellerías de Medio Ambiente e Pesca, nin a propia Dirección de Parques Nacionais, teñen nin o máis mínimo dato sobre a pesca deportiva nos que basearse para facer semellante prohibición.
As persoas que dende hai máis de 50 anos visitan as Illas, soían pescar maragotas, pintos, polbos, muxes…, que non están en perigo de extinción. Esta actividade deportiva que emprega técnicas artesanais, se se regula adecuadamente, sí é compatíbel coa conservación dos fondos mariños do parque nacional.
Fuente la Voz de Galicia.
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/03/22/4623309.shtml
SUBMARINISTAS Y PESCADORES RECREATIVOSDENUNCIAN ANTE LA UE EL DETERIORO DE ILLAS ATLÁNTICAS
Reclaman una inspección de la Comisión Europea y acuden al defensor del pueblo
- Autor:
- Jorge Lamas
- Fecha de publicación:
- 17/10/2007
El Club Subacuático Bahía de Vigo y la Federación Gallega de Pesca Recreativa han puesto tres denuncias, respectivamente, en la Agencia Europea de Medio Ambiente, en la Dirección General de Medio Ambiente de la Comisión Europea y en la Agencia Europea de Seguridad Marítima contra el Parque Nacional de las Illas Atlánticas por la situación de deterioro que, a su juicio, éste sufre.
Las dos asociaciones gallegas también han pedido la presencia de inspectores de la Comisión Europea para verificar todas sus denuncias, y anuncian que reclamarán la intervención del valedor do pobo y los defensores del pueblo de España y la Unión Europea.
El asesor jurídico de estas asociaciones explicó ayer que el parque nacional sufre una situación de interinidad a consecuencia de que no ha elaborado su plan de gestión de usos. «Esta ausencia, que debería haber sido realizada por ley hace cuatro años, produce graves daños, tanto a particulares como a asociaciones, visitantes, turismo y, sobre todo, al ecosistema de la zona», afirmó Javier Sánchez Agustín.
El abogado de las asociaciones denunciantes explicó que, tras realizar diversas gestiones en 23 organismos españoles, pueden concluir que el parque nacional carece de estudios sobre su flora y su fauna marina, sobre la explotación de recursos pesqueros, sobre el número de embarcaciones que faenan en la zona, sobre planes de emergencia y seguridad, o sobre el número de visitantes que pueden soportar las islas.
Pesca recreativa y fondeo
Las asociaciones denunciantes comenzaron, tras la declaración de las islas como parque nacional, una batalla por reclamar sus derechos de uso en estas aguas. En la actualidad, está prohibida la pesca recreativa en la zona, así como muy limitado la navegación y el fondeo en la zona. Al mismo tiempo, la flota artesanal de las cofradías cercanas sigue faenando con permiso en aguas del Parque Nacional Illas Atlánticas.
«Nosotros somos favorables a que haya una convivencia de todos, creemos que es posible», señaló el abogado, quien recordó ayer que en el parque se usan artes como de arrastre como el can.
Asimismo, los denunciantes afirman que las autoridades del parque no han hecho nada por limpiar los fondos marinos, y aseguran que están llenos de artes de pesca abandonadas que producen mucha mortandad de especies.
La recogida de residuos, la seguridad o incluso los servicios mínimos son puestos en tela de juicio por las asociaciones denunciantes.
El abogado de estos colectivos afirmó en este sentido que las consecuencias de las denuncias en la Unión Europea podrían ser graves.
«Si los inspectores confirman nuestras denuncias, el parque podría perder la condición de zona especial de protección de
Fuente la Voz de Galicia.
http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2007/10/17/0003_6234007.htm